viernes, 24 de julio de 2015

Reflexións do Módulo 1.

Marco conceptual do Curso de Posgrao de Especialización en Orientación Laboral. Macarena Ferreiro Prado 




Para comezar coa miña reflexión, facer unha breve exposición dos temas que se trataron neste Módulo 1;

- Marco de referencia da Orientación Laboral
- Mercado de Traballo 
- Certificación e Formación Profesional 
- Política Social e de Emprego da Unión Europea 
- Iniciativa Emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral. 

Dentro do “Marco de referencia da Orientación Laboral” destacar a información referida ao Servicio Público de Emprego Estatal (SEPE), Servicio Público de Emprego de Galicia (SPEG) e a súa estrutura, así como das Políticas activas levadas desde Galicia e as pasivas que son levadas a cabo polo SEPE,

Facer unha mención especial ao relativo aos Programas de Medidas de Activación do Emprego para Parados de Longa Duración (ACTIVA) e ao Programa de Garantía Xuvenil, xunto coa Estratexia Española de Emprego 2014-2016 e a Estratexia Europea de Emprego 2020. 

En relación ao “Mercado de Traballo”, explicouse a importancia do equilibrio entre a oferta e a demanda; cando os salarios son baixos as empresas demandan máis traballlo, e cando os salarios son elevados os empresarios demandan menos traballo. Relacionado con esto falouse das dúas principais escolas do pensamento económico, Escola Clásica e Escola Keynesiana. Estas dúas escolas discrepan sobre a situación na que se atopa actualmente o mercado laboral e sobre as causas e efectos do paro. 

Ademáis se analizaron os indicadores e instrumentos que se empregan para reflectir a situación do mercado laboral, como a Enquisa da Poboación Activa (EPA). 

Con respecto a “Certificación e Formación Profesional”, leváronse a cabo dúas sesións presenciais; 
  • Elena González de la Cámara Cayuela, onde se explicou a estrutura actual da Formación Profesional, facendo unha mención especial aos conceptos de Competencia Profesional e Cualificación Profesional  
  • Ana Ferreiroa Dobarro, onde se profundizou nos temas dos Certificados de Profesionalidade e nas Competencias Profesionais. 

Nestas sesións falouse do Catálogo Nacional das Cualificacións Profesionais (CNCP), distinguíndose na actualidade 26 familias profesionais, do Marco Europeo de Cualificacións (EQF) e a nivel Autonómico do Instituto Galego das Cualificacións. 

A sesión presencial relacionada coa “Política Social e emprego da Unión Europea”, impartida por Cristina Couto Palla, foi moi práctica e desenvolveu o relativo á movilidade de traballadores pola Unión Europea, e os recursos e institucións que existen no ámbito da Unión Europea, para informar sobre os dereitos e deberes que teñen as persoas que se desprazan ao estranxeiro. 

En relación a “Iniciativa emprendedora como acceso ao mercado laboral”, falouse entre outras da situación do autoemprego en España, a dificultade de emprender e do plan de empresa. 

Considero que é moi importante saber cales son as características que debe ter un emprendedor, e saber como desenvolver a idea empresarial mediante o plan de empresa.

Nas sesións presenciais, impartidas por Fernando Agulló, traballouse o Modelo Canvas, formato que visualiza o modelo de negocio segundo nove campos nunha soa páxina’, resultando un documento que ofrece directamente unha visión global da idea, amosando claramente as interconexións entre os diferentes elementos. 



Desde o punto de vista profesional este Módulo 1 foi útil para o desenvolvemento do meu traballo como orientadora laboral, xa que se trataron temas moi interesantes e diversos para poder realizar unha correcta orientación e facilitarme ferramentas para o meu traballo e vida persoal. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario