O meu interese sobre a orientación laboral vai mais alá do propio perfil profesional dos/as
técnicos/as que desenvolven estas funcións. A miña formación académica é a de
Traballo Social e concretamente todo o que ten que ver co desenvolvemento
comunitario.
Este interese foi determinante para elixir, sendo un chaval, esta
formación. Despois, o tempo, as lecturas e sobre todo a práctica profesional e
vital evidencioume como non pode haber desenvolvemento comunitario como
tampouco grupal, familiar ou individual nun contexto de desemprego, precariedade laboral,
de descoñecemento de recursos e de dereitos.
Accede ao meu perfil en Twitter
No hay comentarios:
Publicar un comentario