miércoles, 22 de julio de 2015

Reflexións do módulo 1



Nesta entrada vou comentar os puntos que me pareceron máis interesantes e de utilidade do Marco Conceptual.

Do tema 1 destaco a información relacionada cos Plans Anuais de Reformas e as súas medidas, algunhas  máis efectivas que outras, entre elas están as destinadas a combatir o desemprego xuvenil (como a Estratexia de Emprendemento e Emprego Xove 2013-2016 e o Plan Nacional de Implantación da Garantía Xuvenil); a reforma educativa coa implantación da Formación Dual; o apoio ao emprendemento con diversas medidas tales como as fiscais, as de impulso o financiamento ou as de impulso para a internacionalización.


O tema 2, relativo o Mercado de Traballo, resultoume moi interesante, e especialmente o apartado sobre o Equilibrio no mercado de traballo, que é o punto resultante entre a función de demanda de traballo (canto máis baixos sexan os salarios reais máis traballo demandarán as empresas) e a oferta de traballo (canto máis elevados sexan os soldos, a xente quererá traballar máis). E relacionado con isto existen dúas escolas de pensamento económico, a clásica e a keynesiana, as cales discrepan sobre a situación na que se atopa actualmente o mercado e sobre as causas e efectos do paro.

Con respecto o tema 3, pareceume de moita utilidade para o desempeño da labor de orientación. Destaco a diferencia entre conceptos como Competencia Profesional (conxunto de coñecementos e capacidades que permiten o exercicio da actividade profesional conforme ás esixencias do mercado) e Cualificación Profesional (conxunto de competencias profesionais que poden ser adquiridas por formación e/ou experiencia). De utilidade tamén considero que foi a información relacionada coa acreditación de competencias vía experiencia laboral.

Para coñecer as Cualificacións existentes, consultar o Listado de Especialidades Formativas da Consellería de Traballo.

Do tema 4, relativo a política social e de emprego da Unión Europea, o punto que me pareceu máis práctico para utilizar no campo da orientación foi o relativo á Mobilidade de Traballadores pola Unión Europea e as ferramentas que existen para ofrecer esta información, relativa os dereitos e deberes que teñen as persoas que se desprazan a outro país para atopar traballo.

Podes obter esta información visitando a páxina web da Túa Europa.

Finalmente, o tema 5, outro dos temas que máis me gustou, relativo ó Emprendemento, o cal o considero necesario para poder cambiar o modelo productivo do noso país e poder así ofrecer máis posibilidades de traballo ós demandantes. Destaco o feito de que un emprendedor “nace” pero tamén “se fai”. É importante saber cales son as características que debe ter un emprendedor e tamén cómo xestar unha idea empresarial e cómo desenvolvela, mediante o modelo CANVAS e mediante un plan de empresa. Para todo isto, a labor que realiza o orientador resulta fundamental, axudando ó usuario a validar a súa idea e as súas habilidades emprendedoras, respetando sempre ó máximo a súa idea e o seu proxecto, e coñecendo os seus límites, é dicir, saber cándo derivar á persoa a un profesional máis cualificado para o desenvolvemento do plan de empresa.

Aquí deixovos un video moi interesante sobre o Modelo Canvas.


1 comentario:

  1. Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /

    ResponderEliminar