lunes, 20 de julio de 2015

Mercado de Traballo e iniciativa emprendedora



Sesión de traballo impartida por Fernando Agulló Leal o sábado 4 de xullo de 2015
Curso de Posgrao de Especialización en Orientación Laboral - Edición 2015
Dúas pezas de puzzle a piques de se xuntar
Mercado de Traballo e Inciativa Emprendedora


1.- O Mercado Laboral
Entendemos por Mercado de Traballo ou Mercado Laboral, o conxunto de relacións entre empregadores e as persoas que buscan traballo remunerado por conta allea. O mercado de traballo ten particularidades que o diferencia doutros tipos de mercados (financieiro, inmobiliario, de materias primas, etc.); principalmente na cobertura dos dereitos laborais e a necesidade de garantizalos sistemicamente.

O mercado de traballo é o ámbito económico no que concorren a oferta, formada polo número de horas que quere traballar a poboación en actividades remuneradas e a demanda, constituída polas oportunidades de emprego. Neste mercado o que oferta é aquel que busca traballar e para iso "ofrécese". O demandante sería aquel que busca traballadores. Do grao de equilibrio entre estas dúas variables derívanse unha serie de consecuencias que determinarán as características do mercado nese momento e a súa posible evolución. O estudio do mercado laboral é o instrumento que contribuirá ao coñecemento de ditas consecuencias.

Os elementos que compoñen o mercado de traballo son; 
  • Oferta de traballo (factores demográficos, sociais e culturais, fluxos de entrada e saída da poboación activa e de emprego) 
  • A demanda de traballo (nº de traballadores que queren contratar os empregadores)
  • O equilibrio no mercado de traballo (nº de horas que queren traballar en relación ao salario) 
  • Causas e efectos do paro (rixidez dos salarios e insuficiente demanda agregada

Os indicadores do mercado de traballo; 
  • Poboación activa (ocupados e parados)
  • Taxas segundo a Enquisa  Poboación Activa (EPA)

Tasa de Paro, que é e como se calcula


botones web amarillos - GIFMANIA Para saber máis:


O salario
O salario é o elemento máis importante na relación entre empregadores e traballadores para que o mercado sexa o máis estable posible. Obedecendo ao comportamento decrecente da demanda agregada, un aumento salarial (inflación) supón un maior custe laboral e unha diminución da oferta de emprego; ante un descenso salarial sería viceversa. Polo que conflúen dúas propostas; os empregadores que procurarán estender o seu beneficio e os traballadores os que, con toda lóxica, teñen como obxectivo maximizar a remuneración a percibir que lles permita obter potencialmente,a maior satisfacción as súas necesidades.

Por todo o exposto, chegamos á conclusión de que estamos ante un mercado moi dinámico e cambiante, dependendo tamén da regulación polo Estado a través do Dereito Laboral, así como do  equilibrio entre ambos axentes laborais;

  • Cuantía salarial.
  • Término ou duración do contrato.
  • Condicións e cláusulas contractuais.
  • Condicións e competencias do posto de traballo.
  • Seguridade laboral.
  • Outros


 2.- O traballo por conta propia


Emprendemento e crise de 2008

En canto ao traballo por conta propia temos que falar de emprendemento. Xa con anterioridade á crise de 2008 o emprendemento en España era baixo, pero aínda máis baixo en Galicia.

A crise provocou unha redución do emprendemento tanto en Galicia como en España nos tres primeiros anos (2008 - 2010). Ante as dificultades para atopar emprego por conta allea, en 2011 a taxa de emprendemento aumenta lixeiramente, tanto en Galicia como en España, e en 2012 mantense practicamente estable en España, mentres que en Galicia se incrementou lixeiramente respecto a 2011. No 2013 volveu descender en ambos contextos.

As novas iniciativas non compensan os cesamentos e, en consecuencia, reduciuse o tecido empresarial. As iniciativas emprendedoras responden máis a motivacións de necesidade ante falta de emprego por conta allea que a detectar unha oportunidade de negocio. As empresas nacen: con baixos estándares de calidade, os promotores son maioritariamente homes de algo máis de 38 anos, diminución da presenza feminina, a supervivencia está moi condicionada por un contorno hostil, aínda  que tende a mellorar,o seu capital é reducido e a evolución do emprendemento por CC.AA. é desigual.

Faise necesario mellorar os coñecementos en materia de empredemento con unha formación específica desde moi cedo , mellorar  o acceso ao financiamento,ter formación específica para detectar oportunidades,reducir os trámites administrativos e minorar prazos para crear empresas.


O noso modelo produtivo está baseado en PEMES do sector da construción e o turismo que demanda traballo que non require moita cualificación.


Coa crise o mercado laboral español quedou devastado (chegou aos 6 MM parados, e récord de precariedade. EPA T1-2015: 5,4).O comportamento do mercado laboral, descrito polo chamado “efecto esponxa”) ven condicionado polo propio modelo produtivo e condiciona súa vez ao noso sistema educativo.

Un novo modelo produtivo
Necesítase un modelo productivo novo. Outra estrutura empresarial que conforme un novo tecido de empresas tecnolóxicas, exportadoras… con demandas de traballo de maior cualificación e menos sensibles ás flutuacións do mercado.


O autoemprego e a creación de empresas son fundamentais para lograr ese novo modelo produtivo co que se xenere riqueza e benestar e que cre e manteña o emprego. 

A riqueza que xeran as empresa “ordinarias”, nas que rexe a lóxica do mercado globalizado, pode non converterse en beneficios para a sociedade: despedimentos para reducir custos, deslocalización...

Hai outras empresas, as empresas de Economía Social (ES), nas que priman as persoas fronte ao capital, nas que o seu patrón lóxico e diferente. Aínda que deben ser eficientes, traballan na procura do seu fin social, non de obter os máximos beneficios. 

Elementos esenciais para a creación de empresas:
1.- A idea de empresa: Que Facer
2.- O Plan de Empresa: Como
3.- Os motivos: Quen e Por que 


10 Consellos para Emprendedores/as

botones web amarillos - GIFMANIA Para saber máis de Emprendemento e Creación de empresas:

  


Storify da sesión feita pola compañeira Pilar Miguez:



1 comentario:

  1. Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /

    ResponderEliminar