viernes, 24 de julio de 2015

REFLEXIÓN MÓDULO 1.- Lola Casais Atán

MÓDULO 1.- REFLEXIÓN  SOBRE O MARCO CONCEPTUAL DA ORIENTACIÓN LABORAL.

Nesta reflexión voume centrar nos aspectos de relevancia para a miña persoa en función da temática e das exposicións realizadas polos docentes comezando por unha desagregación en temas do módulo e finalizando polas competencias dixitais.
Tema 1: Marco de referencia da orientación laboral. Sesión presencial 26/06/15: Teresa Bernal Cortegoso.
Neste primeiro tema destacaría como esencial a definición do Sistema Nacional de Emprego e as diferenzas entre o SEPE e o SPEG tanto na organización, na estrutura como nas competencias para poder arrancar. Poderemos ver máis entrando en sendas páxinas:
De grande axuda e práctico para poder incorporar o traballo cotiá foi a explicación feita pola poñente no relativo as políticas activas e pasivas de emprego destacando as medidas máis urxentes a levar a cabo, aclarando certos termos fundamentais (persoas activas, ocupadas, paradas e inactivas) ou remitíndose a indicadores de mercado fundamentais para o seguimento laboral. 
Durante a sesión tamén se espuxeron as medidas activas de emprego tanto para a mellora da empregabilidade, para as axudas ao autoemprego e economía social como para a contratación por conta allea. Sen embargo, a nivel persoal centreime nas medidas de activación para o emprego para parados de longa duración e na estratexia de garantía xuvenil xa que considero que forman parte dos recursos diarios que emprego no traballo como orientadora e que me solicitan os usuarios.


Tema 2: Mercado laboral. Sesión presencial 04/07/2015: Fernando Luis Agulló Leal.
Neste amplo escenario o destacable e productivo foi ver as diferenzas entre oferta e demanda e a explicación do equilibrio de mercado dentro o punto de vista clásico e keynesiano. 




Igual de interesante foi o análise das causas e efectos do paro ou os tipos de desemprego existentes esquematicamente expostos por Fernando Agulló como base de coñecementos xerais.
Tema 3: Certificación e formación profesional. Sesións presenciais:27/06/2015 e 03/07/2015: Elena González de la Cámara e Ana Ferreiroa Dobarro.
 
Este tema para min é o máis complexo de todo módulo non soamente pola extensión do mesmo senón pola aplicación real na orientación laboral de cada día. A evolución na normativa (Administración Educativa e Adminsitración Laboral), as diferenzas entre cualificación e competencia, as definicións de unidades de competencia e módulos profesionais...  son importantes e de grande utilidade pero resulta moito máis productivo o poder ver os casos prácticos realizados por ambas poñentes para aclarar as dúbidas que poden xurdir durante o proceso real.

 

O máis instructivo do tema foi o poder observar o procedemento de obtención dun certificado de profesionalidade, as fases, os requisitos a normativa, etc.

Tema 4: A política social e de emprego na Unión Europea. Sesión presencial 10/07/2015: Cristina Couto Pallas.
 
Dentro da extensión e amplitude deste temario o máis salientable a titulo persoal é poder coñecer as ferramentas e as vías de orientación para aquelas persoas que buscan emprego fóra de España. Todos os organismos vinculados, as pàxinas e contactos que poden facilitar que a decisión de buscar emprego e formación noutro país sexa, dentro do complexo, máis sinxelo. Poder tratar cunha poñente inmersa na materia a cotio facilita a tarefa de asesoramento presente e futura.
Podemos consultar máis información nos seguintes enlaces destacados dentro da rede de información facilitada pola poñente. 
 Tema 5: A iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral. Sesións presenciais: 03/07/2015 e 11/07/2015: Fernando Luis Agulló Leal.

Tema entretido e de grande utilidade para contribuir o preciso cambio productivo no mercado laboral. Para min uns dos máis descoñecidos e que neste último mes foi cobrando especial relevancia grazas a labor explicativa e práctica do poñente. Sumerxirnos na apasionante aventura de xerar un plan de empresa tomando como base o modelo canvas que nos permite  analizar as principais cuestións que se lle poden presentar a persoa emprendedora foi o más atractivo deste tema.

Modelo Canvas: Modelo para desenvolver a idea de empresa.

















 
*Competencias dixitais. Sesións presenciais: 26/06/2015 e 17/07/2015: Carlos Parada Gandos.


Finalmente e non por iso menos importante, o longo do módulo fomos iniciandonos no amplo mundo das tecnoloxías. Comezamos a xerar un ecosistema profesional da man do poñente dandonos pautas para facernos visibles na rede e ao mesmo tempo dar cobertura a unha nova forma de buscar emprego sempre dende un punto de vista profesional. Twitter, linkedin, google+, drive, spotify, storify....por agora son algunhas das ferramentas coas que comecei a experimentar neste curso e que estou segura de que me van axudar a construir o meu propio ecosistema dixital.



 


Enlaces de interese:

No hay comentarios:

Publicar un comentario