viernes, 17 de julio de 2015

Nube de intereses de Lola Casais Atán

ESTAS SON MIS PRINCIPALES ÁREAS DE INTERÉS:



As vivencias de cada sesión individual motívanme para estar en continúo aprendizaxe, para dar resolución as dúbidas de cada persoa usuaria, para o meu enriquecemento persoal e para manterme activa na orientación laboral. Constitúen o verdadeiro estímulo para levar a cabo a labor cotiá de orientar xa sexa na busca de emprego ou na xeración do mesmo. Ante esta necesidade de estar informada e formada busco a motivación tentado manterme  nun tren en constante movemento que me obriga a seguir adiante no camiño e non quedarme estacionada nun punto fixo.

O mercado de traballo está en constante cambio (implementación das novas tecnoloxías, networking, redes sociais, novos xacementos de emprego, destrución de emprego, cambios educativos, políticas, etc.) e as técnicas empregadas para a busca de emprego foron mutándose o longo do tempo en función das esixencias do momento, polo que resulta preciso adquirir novas ferramentas que fomenten a optimización dos resultados e o servizo prestado a cidadanía en xeral. En termos xerais o que me motiva a nivel laboral é a prestación dun servizo efectivo e eficiente acorde coas necesidades actuais.

ACCEDE A MI PERFIL EN TWITTER


No hay comentarios:

Publicar un comentario