Teño que dar as gracias aos compañeiros e compañeiras de Orientación.Siete por deixarme publicar no seu blog.
ANÁLISE DA ORIENTACIÓN LABORAL .
A Orientación Laboral é unha ferramenta da Psicoloxía que é cada vez máis necesaria conforme as economías se foron globalizando e o desemprego foi aumentando.
Mediante a Orientación Laboral faise ver á persoa de cales son as súas fortalezas e as súas debilidades e que é o que necesita para chegar a onde quere.
Nalgúns casos trátase de dar un xiro completo e cambiar de profesión ,noutros reorientar a súa actividade ou ben reafirmar o camiño e renovarse mediante un curso.Debido ás condicións do mercado é cada vez máis frecuente o cambio de rumbo.
Un taller de Orientación Laboral ten como finalidade detectar as Habilidades da persoa tanto as ocultas como as visibles ,nas sesións de Orientación evalúase a personalidade, as aptitudes, os intereses vocacionais e a historia da vida do usuario no ámbito escolar, familiar e persoal.
QUE É PARA MIN A ORIENTACIÓN LABORAL
A Orientación Laboral consiste en axudar as persoas desempregadas a conseguir un posto de traballo.
Esto consiguese dando ós usuarios Asesoramento, Información e Entrenamento de diferentes Habilidades que faciliten a sua inserción profesional.
A Orientación persigue incrementar a empleabilidade dunha persoa formándoa nas técnicas de búsqueda de emprego como a elaboración do seu Curriculum Vitae, a preparación da Entrevista de traballo ou a búsqueda de ofertas de emprego,facilitarlle páxinas web de emprego,direccións de Empresas de Traballo Temporal….así como desenrolar ou traballar aqueles aspectos persoais para que lle axuden á consecución dos seus obxectivos como o Autoconocimiento e o aumento da Autoestima,chegar a definir o seu Perfil Profesional así como lograr a Motivación hacia unha búsqueda activa e permamente de emprego.
Dentro da Orientación Laboral cabe destacar o papel fundamental que xogan os Itinerarios Personalizados de Inserción Laboral. (IPI)
Un Itinerario é un proceso que consta de diferentes accións: Seguemento, Acompañamento, Orientación e Formación; o obxectivo do Itinerario é diagnosticar a situación laboral e formativa do demandante de emprego e dirixir as súas accións hacia a mellora de esa situación para facilitar a súa incorporación no Mercado Laboral.
A realización dun Itinerario Personalizado de Inserción Laboral ofrece ao usuario a posibilidade de recibir un Apoio e Asesoramento personalizado en Centros Colaboradores e Oficinas de Emprego ao tempo que se facilita o acceso ao resto de servizos que se poden ofrecer dende o SPEG (formación, participación en programas de emprego e formación,Programas Experimentais….).
É penso que o Servizo de Orientación Laboral é un servizo moi útil e importante que axuda òs demandantes para mellorar a súa situación cara o mercado laboral ao tempo que traballa as súas habilidades e a motivación para que non decaia o seu ánimo na búsqueda de emprego.
Para saber máis:
- Orientación Laboral Servizo Público de Emprego de Galicia
- Servicio Público de Emprego Estatal( SEPE)
- Yoriento.com
- Servicio Público de Empleo-Junta de Andalucia
No hay comentarios:
Publicar un comentario