viernes, 18 de septiembre de 2015

Entorno Persoal de Aprendizaxe, Alexandre Penas


O Entorno Persoal de Aprendizaxe (coñecido por PLE, acrónimo de Personal Learnig Environment) defínese como “o conxunto de ferramentas, fontes de información, conexións e actividades que cada persoa utiliza de forma asidua para aprender” (Fonte:  Wikipedia citando a Linda Castañeda e Jordi Adell)

As fontes principais que configuran o PLE son:
  •  Ferramentas e fontes que nos permiten acceder a información do noso interese 
  • Ferramentas, mecanismos e estratexias cos que reconstruír e dar sentido ao coñecemento a partir da reflexión, reelaborando e publicando a información “curada”  
  • Ferramentas que enriquecen e promoven as nosas relacións de aprendizaxe. Contextualizado co aprendido sobre a evidente realidade da WEB 2.0 (participación e relación moi activa por parte dos usuarios) vemos como cada día enriquecemos a nosa relación profesional e persoal cunha serie de ferramentas. Todo este entorno organizado conscientemente forma parte do noso propio PLE, fortalecendo as nosas relacións persoais e profesionais (o coñecido como PLN, tamén un acrónimo en inglés, do que traducido a galego será a nosa Rede Persoal de Aprendizaxe)

 Non me resisto a compartir o vídeo de I. Assimov onde, en 1988, falaba das posibilidades de internet:






O meu PLE

Escribir, esquematizar, para reflexionar é unha técnica que utilizo habitualmente, e non deixa de sorprender. O pasado sábado cando se nos propuxo debuxar o noso PLE esa foi a sensación que me quedou, de sorpresa, ante a cantidade de ferramentas e técnicas que uso. Sumeille algunhas das aprendidas (como Diigo, Pinterest e Feedly). 

Algunhas tíñaas mais identificadas co laboral, co profesional, algo que ao visualizalo desminto. Todas son utilizadas dependendo do contexto relacional, e o que teñen en común é que me serven de Aprendizaxe en diferentes ámbitos.

O me PLE


Utilización de ferramentas e técnicas do noso PLE

Na sesión presencial do Posgrao de Especialista en Orientación Laboral do pasado sábado día 12 de setembro aprendimos o termo Infoxicación, a intoxicación por exceso de información, e traballamos unha serie de ferramentas para sacarlle un mellor partido ao noso PLE. 

A utilización eficaz dos buscadores, a xestión dos RSS (con ferramentas como Feedly), a autoorganización da información na “nube”(con Diigo) e o traballo colaborativo en rede (con Scoop.it), aínda que esta última aínda vou ter que investigala con calma polo que, polo de agora, non a incluín no meu PLE. En definitiva aprendimos a utilización de ferramentas e técnicas para filtrar, agregar e curar información


Imaxe do meu Feedly

En canto a Feedly, creo que é unha ferramenta útil, pero que no futuro serao moito máis, xa que si me atopei con moitas páxinas do meu interese, de entidades e institucións públicas, que non puiden agregar. Paz e ciencia!




No hay comentarios:

Publicar un comentario